
Máis de cen árbores, tellas e pacas caídas por todo o municipio
Ames estivo sen electricidade boa parte da fin de semana
O temporal que asolou Galicia durante esta fin de semana tamén se deixou notar en Ames. Os principais danos que provocou foron a caída dunha gran cantidade de árbores, que cortaron as diversas estradas do Concello, e múltiples problemas nas liñas eléctricas, que deixaron sen electricidade a moitos dos veciños e veciñas. Tamén se rexistraron danos no mobiliario público ao voaren diversos sinais e ao romperen algúns farois. Algunhas persoas tamén denunciaron danos nos seus vehículos ao caerlles tellas e placas que se desprenderon dos tellados por mor do vento.
Operativo especial dende o ConcelloDende o Concello montouse un operativo especial durante toda a fin de semana para tratar de arranxar os danos provocados polo temporal. O operativo estivo formado pola Brigada municipal, a Policía local, o vixiante de obras, o concelleiro de Servicios e Obras, Gustavo Nieto, e o alcalde do Concello de Ames, Carlos Fernández. O temporal afectou a todas as parroquias de Ames e deixou máis de 100 árbores caídas en Ameixenda, Castiñeiro de Lobo, Firminstáns, Tarrío, Biduído, etc. Nestas localidades, a Brigada municipal tivo que talar as árbores que caeron sobre as estradas para restablecer a circulación.

O operativo organizado polo Concello comezou a funcionar o venres á tarde, cando o temporal comezou a manifestarse de xeito máis violento sobre Ames. Na xornada do venres houbo numerosas complicacións ocasionadas polas múltiples chamadas que se produciron durante toda a noite. Por último hai que destacar que algúns dos veciños e veciñas de Ames sufriron diversos danos nos seus vehículos pola caída de tellas e placas de algúns edificios e casas. Por outra banda, tamén houbo estragos no mobiliario público. Varios sinais e farois romperon por mor do forte vento que soprou durante toda a fin de semana.
As frases de Gustavo Nieto, concelleiro de Servizos e Obras de Ames"A perfecta coordinación do operativo foi fundamental para solucionar todos os problemas ocasionados polo temporal. Intentouse solucionar o máis rápido posible todos aqueles danos que foron xurdindo durante toda a fin de semana"
"É de agradecer o esforzo realizado por todo o persoal municipal que estivo traballando neste operativo e a comprensión de todos os veciños e veciñas de Ames"
*







